O programa Aférrate, da Asociación Alborada, foi recoñecido co primeiro premio na categoría de proxectos con maior impacto social nos Premios Sociais da Deputación de Pontevedra.
Aférrate é unha iniciativa centrada na prevención da conduta suicida, que aposta por mellorar a calidade de vida a través da natureza, o contacto social e actividades como sendeirismo, horticultura, paseos ao aire libre ou exercicio físico.
Queremos felicitar especialmente a Inés, Mar, as persoas voluntarias e en prácticas do programa e a todas as persoas usuarias, que forman parte esencial deste proxecto.
Seguimos traballando por unha sociedade máis comprometida co benestar.


