O xornal Faro de Vigo recolle o labor que está a desenvolver PANACEA, o programa da Asociación Alborada centrado na prevención e na intervención temperá nas condutas adictivas entre a mocidade.
A iniciativa, que se desenvolve na comarca do Val Miñor, incorpora terapia individual con alumnado que presenta condutas de risco, permitindo detectar sinais de alerta e ofrecer acompañamento profesional antes de que o problema se agrave.
Desde Alborada apostamos así por unha intervención próxima, coordinada coa contorna educativa e baseada na prevención, o apoio e a atención personalizada á mocidade.

