Como abordar o acceso á pornografía na mocidade desde unha mirada educativa, preventiva e profesional?
Nesta sesión reflexionaremos sobre os retos actuais que supón a pornografía na infancia e na adolescencia, así como sobre as claves para acompañar, orientar e intervir desde o coñecemento e a prevención.
A formación estará a cargo de José Luis García, doutor en Psicoloxía e especialista en Sexoloxía.
🗓️ 22 de maio de 2026
🕤 09:30 – 13:30 h
📍 Biblioteca Pública Nós
Rúa da Canle, 6 – Ourense
📝 Inscrición gratuíta: formacion.alborada.org
📩 Consultas: redes@alborada.org / 694 283 592


