Compromiso coa conciliación e o benestar

Mai 15, 2026 | ACLAD Alborada, Actualidad, Adolescentes, Programas

Certificación conciliación

O programa Adolescentes de Alborada renovou a súa certificación efr (Empresa Familiarmente Responsable), outorgada pola Fundación Másfamilia, que recoñece o compromiso da entidade coa conciliación e a xestión responsable das persoas.

Esta certificación reflicte unha forma de traballar baseada no equilibrio, no coidado do equipo profesional e na mellora continua, aspectos clave para poder ofrecer unha atención de calidade.

📊 Categoría: Comprometida C+

Coidar das persoas que acompañan tamén forma parte do noso compromiso.