Alborada recibe o Primeiro Premio Nacional da Escola de Axentes de Saúde

Feb 27, 2026 | Centro de día, UAD Alborada

O xogo de mesa 𝗗𝗘𝗦𝗧𝗜𝗡𝗢: 𝗔𝗫𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 recibiu o Primeiro Premio Nacional da Escola de Axentes de Saúde – UNAD 2025, un recoñecemento que pon en valor o compromiso, a profesionalidade e o traballo en rede que desenvolvemos cada día. É a segunda ocasión na que Alborada recibe este galardón. Queremos felicitar especialmente a […]

O xogo de mesa 𝗗𝗘𝗦𝗧𝗜𝗡𝗢: 𝗔𝗫𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 recibiu o Primeiro Premio Nacional da Escola de Axentes de Saúde – UNAD 2025, un recoñecemento que pon en valor o compromiso, a profesionalidade e o traballo en rede que desenvolvemos cada día.
É a segunda ocasión na que Alborada recibe este galardón.

Queremos felicitar especialmente a Carla Gómez, enfermeira da UAD Alborada, e ao equipo do Centro de Día de Adultos —Julio, Andrea, Óscar e Gastón— polo seu excelente traballo e dedicación.

Este premio é o resultado do esforzo colectivo e do compromiso constante coa saúde, a prevención e o acompañamento.

Seguimos traballando coa mesma ilusión e responsabilidade 💙