Outro ano máis, as integrantes do Coro Aférrate participarán no concerto que terá lugar o venres 12 de decembro no Teatro AFundacion de Vigo, organizado pola Coral Casablanca.
Interpretarán un repertorio especialmente coidado para esta ocasión que veñen ensaiando coa colaboración de Óscar Villar.
Estarán acompañados tamén por participantes do programa Verdear, do Centro de Día de Alborada e persoas voluntarias.
As prazas son limitadas, polo que vos animamos a reservar canto antes. Será un encontro musical moi especial.

