“Por unha sociedade máis sa, máis equitativa e sostible”
Dende hai máis de 40 anos, en ALBORADA traballamos pola saúde e o benestar social.
Inicio / Quenes somos / Historia
A Nosa
Historia
Aclad ALBORADA foi fundada en 1982 como consecuencia da brutal pandemia do consumo de heroína, que tivo graves consecuencias para a poboación nova de Vigo.
Os cidadáns únense para buscar un tratamento alternativo para os seus fillos.
1982
Os nosos comezoss
Créase en Tomiño a “Granja de Traballo”, a primeira de Galicia en ofrecer este tipo de tratamentos.
Hoxe a “Comunidade Terapéutica ALBORADA” é un referente e no ano 2007 converteuse nunha Comunidade Terapéutica Transfronteiriza con Portugal.
A Unidade de Asistencia en Condutas Adictivas e o Centro de Día foron instaurados en Vigo Xunto coa Comunidade Terapéutica, pertencen á Carteira de Servizos da Consellería de Sanidade (SERGAS) e son públicos, universais e gratuítos.
2000
Novos retos. Atención a menores.
A necesidade de intervención con adolescentes foi detectada pola Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Para responder, ALBORADA solicita a apertura dun “Centro de Día para Adolescentes”.
2003
Un novo enfoque da prevención
O “Proxecto Creativo” nace cunha intervención local en Vigo nas zonas de ocio nocturno e bebida.
Este programa pasa a formar parte do ámbito autonómico a través da Carteira de Servizos de Prevención do Plan Galego de Drogas.
2007
Novas necesidades na adolescencia
O “Programa de Intervención Ambulatoria para Adolescentes en Conflito” nace co obxectivo de previr e intervir, diminuír as condutas máis problemáticas na adolescencia e evitar así a institucionalización.
2012
Alternativas de Integración e Ocupación
Co “Programa Greening” utilizamos a agroecoloxía e o medio natural en Cotagrande-Vigo, como vía para mellorar a empregabilidade das persoas e a súa inclusión social e laboral.
O “Programa Tarea” nace como un servizo de orientación en materia de emprego, formación e ocupación do tempo libre. Trátase dun programa de orientación laboral integrado na rede do Servizo Público de Emprego de Galicia e da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
2020
As adicións cambian
As adiccións non ás substancias son unha realidade que require respostas adaptadas.
O “Programa Teseo” aborda e trata as adiccións e os trastornos xerados polo uso tecnolóxico e o xogo patolóxico.
2023
Seguimos detectando necesidades e planteando soluciós
“Programa Redes” formación para profesionais galegos que traballan con nenos e adolescentes.
“Programa Vinco” pioneira en prevención e intervención con delincuentes sexuais menores.
“Haters & Lovers” sobre a prevención e detección de condutas violentas na mocidade a través das redes sociais.
“No En Redes” sobre o uso do TRIC para os centros educativos e as familias.
“Aférrate” programa integral de prevención da conduta suicida mediante intervencións na natureza.
“Ti sí podes” con intervención comunitaria en Chapela e Redondela.
“Reforza” Programa de apoio á integración social e laboral da poboación reclusa.