Inicio / Qué facemos / Programas temporáis
Nuevos programas

Programa Reforza
Programa de apoio e inserción sociolaboral á poboación penitenciaria con trastornos adictivos e/ou patoloxía dual, mediante apoio social e xestión do Programa de Incorporación Personalizado.
Asesoramento presencial nos centros penitenciarios de Pontevedra e asesoramento telemático no resto das provincias galegas. Fóra dos espazos penitenciarios e atención a ex-reclusos, a atención presencial farase na UAD Alborada de Isaac Peral.
Contacto: reforza@alborada.org // 675 108 713

Aférrate
Programa integral de prevención de condutas suicidas mediante actuacións relacionadas coa mellora da calidade de vida mediante o fomento de intervencións na natureza, actividades físico-deportivas, horticultura, sendeirismo, etc.
Dirixido a adolescentes a partir de 16 anos, con dobre patoloxía e saúde mental a partir dos 18 anos. Este ano 2024, abrimos unha nova liña de intervención con persoas maiores de 65 anos en risco de soidade non desexada. As intervencións realizaranse no fogar, en ámbitos sociocomunitarios e en grupo. Visita o blog
Contacto: aferrate@alborada // 675 108 896

No En Redes
Programa de prevención de riscos para o uso das TIC dirixido ao alumnado, familias e profesorado. Foméntase o uso seguro e responsable das tecnoloxías para as relacións, a información e a comunicación.
O curso impártese en diferentes módulos e contidos segundo o ciclo, que consta dunha única sesión de 50 minutos.
Contacto: noenredes@alborada // 666 500 700

Ti sí podes
Programa de intervención comunitaria temporal en Chapela e Redondela. Dirixido a persoas en risco asociado á adicción.
A intervención realízase mediante o apoio socioeducativo e a prevención de condutas adictivas con atención directa dende o domicilio dos usuarios e desde un enfoque biopsicosocial e comunitario, creando unha rede de apoio coa comunidade.
Contacto: tisipodes@alborada.org // 675 190 186

Redes
Programa de formación continua para profesionais do sistema de protección da infancia e da mocidade e dos Servizos Sociais de Galicia.
A formación ofrécese en tres modalidades: presencial, en directo en liña ou en diferido.
Se es unha entidade, pode solicitar que as sesións de formación se realicen nas súas instalacións de forma presencial.
Para solicitar unha sesión de formación na túa sede, escríbenos ao noso enderezo de correo electrónico: redes@alborada.org

Panacea
Programa de Intervención Comunitaria no Val Miñor. Dirixido a adolescentes e adultos de 14 a 35 anos con trastornos adictivos ou con risco de padecelos.
Tamén para familias e conviventes e profesionais dos Servizos Sociais, Educativos e Sanitarios.
Contacto: panacea@alborada.org // 605 32 12 01

Aperta
Un innovador programa de intervención con menores que sufriron calquera tipo de violencia sexual, xa que é un medio especializado de reeducación sexual para nenos vítimas.
Trátase dun recurso de reeducación que complementa o tratamento psicolóxico que está a recibir como vítima a menor vítima de violencia sexual.
Destinatarios: menores de idade aproximada de 12 a 18 anos que sufriron unha conduta sexual inadecuada e/ou abusiva.
Contacto: aperta@alborada.org // 663 63 33 34

Vinco
Programa de intervención educativa afectivo-sexual dirixido a menores que tiveran comportamentos sexuais inadecuados e/ou abusivos con outros menores.
Destinatarios: menores de idade aproximada de 12 a 18 anos que teñan incurrido en condutas sexuais inadecuadas e/ou abusivas, violencia de xénero ou outra violencia asociada.
Contacto: vinco@alborada.org // 663 63 33 34

Crianzas
Programa de prevención de riscos perinatales que promove o bo trato das embarazadas e dos bebés durante o embarazo, o parto e o posparto. Encárgase de apoiar ás mulleres embarazadas ou cun fillo menor de 2 meses en situación de vulnerabilidade, así como aos seus familiares ou acompañantes.
Contacto: crianzas@alborada.org // 658 058 899

Haters & Lovers
Programa de prevención e detección da violencia entre iguais, dirixido fundamentalmente ao alumnado de 1o e 2o da ESO.
Contacto: hatersandloversalborada@gmail.com// 675 108 950