Noticias

PROGRAMA REDES

28/10/2022
Programa de formación continua de profesionales del sistema de protección y servicios sociales.
Promocionado por la "Dirección Xeral de Familia Infancia e Dinamización Demográfica" y gestionado por Aclad Alborada. Coordina Inma Araujo López, psicóloga del Programa Adolescentes Ambulatoria Alborada. 
O contido da formación continua basearase nos coñecementos imprescindibles, teóricos como prácticos,  para traballar na prevención, detección e intervención con menores que sufriron feitos traumáticos e que desenvolveron ou poden desenvolver sintomatoloxía complexa, para potenciar e favorecer o vínculo e a crianza terapéutica e para impulsar e promovelas accións relacionadas co coidado dos/as profesionais.
 A formación realizarase en tres modalidades: presencial e en liña en directo (venres alternos de 9.30 a 13.30 h), e en diferido.
 As persoas que impartirán a formación serán profesionais con experiencia nos distintos ámbitos da saúde mental infanto-xuvenil, xudicial e do sistema de protección.
 No momento da inscripción, cada profesional recibirá unha contrasinal que lle dará dereito a recibir a invitación a todas as sesións formativas, e a acceder ás gravacións de sesións anteriores e posteriores á súa inscrición. As inscricións estarán abertas durante todo o ano 2022-2023.
 
 Para participar no Programa REDES existen dúas posibilidades:
•Se es profesional do sistema de protección ou de servizos sociais podes acceder á formación inscribíndote como alumna/o do programa.
  Para inscribirte no programa REDES pica aquí ( ou copia e pega no teu navegador):  http://formacion.alborada.org/inscribirse

  • Se es unha entidade podes solicitar que se realicen sesións formativas nas túas instalacións en modalidade presencial. 
  Para optar a realizar algunha sesión formativa na túa sede escríbenos ao noso correo electrónico: redes@alborada.org

 volver
SEDE SOCIAL
C/ Isaac Peral nº8 bajo · 36201 | Vigo | , Pontevedra
Telefono: 986 22 48 48 | Fax: 986 22 42 36 | alborada@alborada.org